Antonio 的个人资料Home do Tempo照片日志列表 工具 帮助

日志


2008/3/21

A música en Cedeira e o seu contorno

Hola a todos:

Facía xa tempo que non poñía un post no espazo, e non podería retomalo cunha mellor nova, en breve estará en tódalas librerías de Cedeira (e tamén algunhas de Ferrol) un libro de gran interese para tódolos que nos consideramos amantes da música; 528 páxinas de legado musical cedeirense,  226 páxinas de historia da música e o resto partituras e transcricións musicais.

Con isto, deixo unha carta do autor, José Antonio Suárez Aneiros, que describe o porqué da necesidade deste libro e os contidos do mesmo:

A idea de acometer un traballo desta envergadura non é froito da casualidade nin da improvisación: é unha arela que teño no meu maxín dende hai anos. Sempre me gustou recorda-las cantigas e lembranzas musicais dos devanceiros e, por iso, dende moitos anos atrais veño recopilando materiais con esa intención, anque nunca pensei facer un traballo tan longo.

A miña preocupación fundamental é salvagarda-la historia etnomusical das nosas xentes, recupera-la memoria histórica e transmiti-la ós nosos fillos, para que vexan que os que nos precederon tiñan uns sentimentos (hoxe quizais pouco cultivados), que se reflectían nos cantos, baladas, coplas, etc. que marcaron distintas épocas.

O libro consta de dúas partes ben diferenciadas: unha parte histórico-literaria e outra de transicións musicais (partituras), divididos os dous apartados noutros máis concretos:

- Xeneralidades históricas e historia da música da zona
- Cancioneiro de San Andrés de Teixido
- Coplas populares da zona
- A Virxe do Mar, Cedeira e a Literatura
- O Antroido
- O Vilancico

Tendo en conta a grande influencia da relixión na música dos pobos é polo que quixen adicar un capítulo especialmente a San Andrés de Teixido, recollendo nun corpus coplas e cancións inéditas, e outras que estaban espalladas en distintas publicacións.

Dar a coñecer músicas e músicos que tiveron sona e renome noutrora ou que pasaron desapercibidos, tanto de Cedeira coma de Ortigueira, Cariño; ... esa é a miña intención; a nosa terra inspirou ó pobo, á xente, e esta ten para cada intre emocional unha cantiga que harmoniza e rima co sentir das persoas. O legado que aquí se recolle, froito de centos de anos coido que é mester non esquecelo, e mantelo vivo correspóndenos a todos.


Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Biografía do autor:

Free Image Hosting at www.ImageShack.us

Noraboa papá! Éncheme de orgullo o que estás facendo pola música e por Cedeira. Espero que teña unha moi boa acollida, xa que o mereces por todo o que levas traballado.






评论

请稍候...
很抱歉,您输入的评论太长。请缩短您的评论。
您没有输入任何内容,请重试。
很抱歉,我们当前无法添加您的评论。请稍后重试。
若要添加评论,需要您的家长授予您相应权限。请求权限
您的家长禁用了评论功能。
很抱歉,我们当前无法删除您的评论。请稍后重试。
您已超过了一天之内允许提供的评论数上限。请在 24 小时后重试。
因为我们的系统表明您可能在向其他用户提供垃圾评论,您的帐户已禁用了评论功能。如果您认为我们错误地禁用了您的帐户,请联系 Windows Live 支持部门
完成下面的安全检查,您提供评论的过程才能完成。
您在安全检查中键入的字符必须与图片或音频中的字符一致。

若要添加评论,请使用您的 Windows Live ID 登录(如果您使用过 Hotmail、Messenger 或 Xbox LIVE,您就拥有 Windows Live ID)。登录


还没有 Windows Live ID 吗?请注册

引用通告

此日志的引用通告 URL 是:
http://homedotempo.spaces.live.com/blog/cns!D4374D22C0920964!4295.trak
引用此项的网络日志