Antonio 的个人资料Home do Tempo照片日志列表 工具 帮助

日志


    2008/10/13

    II Carreira Popular "A Coruña 10" 12/10/2008

    Hola mozazada!
     
    Vaia maneira de comezar esta etapa na Coruña... Quen me ía dicir que ía facer os 10 km? Pois si, e nun tempo máis que aceptable tendo en conta que comecei a baixar os excesos estivais dende que estou de "okupa" pola cidade herculina.
     
    A idea naceu de Juan, que para os que non o coñecedes, é un coleguilla de Cedeira moi afeccionado ó deporte, e que me incitou a reingresar no ximnasio para a rehabilitación corpórea fai cousa dun mes. Así, mentras me saco o permiso de conducir, rebaixo as cigalas e langostinos das tres últimas vodas... Estudo e deporte... Xa sabedes, Mens sana in corpore sano...
     
     DSC00681
     
    Normalmente Juan está en forma, pero dende que se casou foise descuidando (a curva da felicidade e todas esas cousas... Antes facía os 10 km en 45 minutos e rematou a carreira en 51 minutos, :S), polo que me convenceu para correr esta marcha de 10 km... A preparación non é que fora a máis axeitada, tendo en conta as vodas do medio e máis as parrandadas múltiples. Menos aínda que o día antes da carreira nos dera por quedar e acabar a Gyn&Tonics... Cousa que pasou factura indudablemente :P
     
    Pois iso, ás 9 da mañá en pé, ducha, almorzo e arrancando para o "Obelisco", para Juan o dorsal 981 e o 982 para un servidor; quecemento suave (non fóra que o corpo "escombro" derrumbase) e a situarse... Alí había preto de 2000 persoas.
     
    DSC00682a
     
    Así nos fumos colocando en función dos tempos, xa sabedes, con marcas que rondan os 30 minutos en primeira liña e así progresivamente (pois coma un servidor non correra nunca unha cousa desta, colocámonos atrás de todo...).
     
    DSC00685
     
    Pois ben, a cousa comezou puntual e ás 11:00 da mañá xa estabamos en movemento... En movemento e andando, porque claro, onde estabamos e coa morea de xente diante, prácticamente íamos a paso de tartaruga... Así que ó tempo rexistrado polo chip da organización hai que restarlle uns minutiños :P...
     
    O percorrido foi o seguinte:
     
    Sin título-3
     

    Saída:

    Cantóns (Zona Obelisco)

    Percorrido:

    Cantón Grande. Avenida da mariña. Avenida de Montoto. Porta Real. Paseo da Dársena. Paseo do Parrote. Paseo Xeneral Sir John Moore dirección Castelo de San Antón. Paseo de Ánimas. Paseo Marítimo (Orillamar, Pelamios, Club do Mar, Cidade deportiva da torre, Casa dos Peixes, Casa do home). Matadoiro (Hotel Melia María Pita). Avda. Pedro Barrié da Maza. Buenos Aires(ida). Praza de Portugal (ida). Paseo de Ronda/Pazo de Deportes (ida). Rotonda das Escravas (ida). Manuel Murgía (ida). Casa do Auga (xiro). Manuel Murgía (volta). Paseo de Ronda/Pazo de Deportes (volta). Praza de Portugal (volta). Buenos Aires (vola). Avda. Rubine. Praza de Pontevedra (carril bus). San Andrés. Santa Catalina. Cantón Grande (ida). Avenida da mariña (ida). Avenida de Montoto (ida). Rotonda de Porta Real. Avenida de Montoto (volta). Avenida da mariña (volta). Cantón Grande (volta).

    Meta:

    Cantóns (Zona Obelisco)
    E nada, simplemente moverse un como puidera... Mágoa no habituallamento que me deron mal o botellín e perdín o ritmo, cousa que afectou neses dous minutos de diferencia có meu compañeiro de carreira. O resto xenial, algún que outro susto coa ambulancia indo e vindo e pouco máis que dicir...
     
    Un tempo máis que aceptable (para un servidor) de 53:37, cotexable na páxina da Federación Galega de Atletismo (para os máis incrédulos, Flete vai por ti... :P). Só os corredores que remataran antes da hora e vinte minutos rexistraban o tempo... Menos mal... Por certo, gañou o corredor marroquí Hamid el Mouzaiz cun tempo de 29:49... Moi suave, moi fino... Si señor...
     
     
    Sin título-1
     
    E nada, unha experiencia moi recomendable, a cal me serve para seguir correndo e preparar xa a seguinte carreira en Santiago o 26 de Outubro (12 km), así que se vos apuntades, mellor que mellor.
     
    PD: Como anécdota e detalle a reseñar a de dous rapaces de quince anos que deron "exemplo" tirando á basura dous dos agasallos da Voz de Galicia, un tomo da Historia de Galicia e mai-lo Mapa Histórico de Galicia... Si señor, denotando un gran interese pola cultura galega e amosando unha vez máis para onde tiran as novas xeracións... Bueno, dirán uns, polo menos correron e non foron de botellón... En fin...

    评论

    请稍候...
    很抱歉,您输入的评论太长。请缩短您的评论。
    您没有输入任何内容,请重试。
    很抱歉,我们当前无法添加您的评论。请稍后重试。
    若要添加评论,需要您的家长授予您相应权限。请求权限
    您的家长禁用了评论功能。
    很抱歉,我们当前无法删除您的评论。请稍后重试。
    您已超过了一天之内允许提供的评论数上限。请在 24 小时后重试。
    因为我们的系统表明您可能在向其他用户提供垃圾评论,您的帐户已禁用了评论功能。如果您认为我们错误地禁用了您的帐户,请联系 Windows Live 支持部门
    完成下面的安全检查,您提供评论的过程才能完成。
    您在安全检查中键入的字符必须与图片或音频中的字符一致。

    若要添加评论,请使用您的 Windows Live ID 登录(如果您使用过 Hotmail、Messenger 或 Xbox LIVE,您就拥有 Windows Live ID)。登录


    还没有 Windows Live ID 吗?请注册

    引用通告

    此日志的引用通告 URL 是:
    http://homedotempo.spaces.live.com/blog/cns!D4374D22C0920964!4447.trak
    引用此项的网络日志